Castellano English
Print this page

Planificador

IN841C2007/127

Planificador Intelixtente de Contidos para a súa Inserción Automática na
Programación.

O principal problema dos sistemas de playout é o custo en recursos humanos e o
tedioso que resulta a programación explícita dos contidos e, en particular,
moitos medios de duración curta. Como é o caso de programar espazos de
publicidade ou de recheo, habitualmente vídeo clips. Por iso, proponse neste
proxecto a construción dun planificador intelixente de contidos para a súa
inserción automática na programación, que axude á creación automática ou
semiautomática de espazos a partir de contidos concretos, en función dunha serie
de regras de negocio, tipicamente atracción/repulsión entre contidos, perfil do
usuario, impactos a conseguir, franxa horaria desexada, etc. Cando o servidor de
continuidade atopa nunha escaleta un bloque asociado cunha campaña, en lugar de
inserir directamente un contido, interroga ao planificador intelixente para que
este tome unha decisión sobre que medio é o adecuado para inserir neste momento.

Para abordar o problema anterior proponse o presente proxecto que persegue a
construción dun sistema que axude á creación automática ou semiautomática de
espazos a partir de contidos concretos, que serán enchidos dinamicamente polo
planificador intelixente en función dunha serie de regras de negocio,
tipicamente atracción/repulsión entre contidos, perfil do usuario, impactos a
conseguir, franxa horaria desexada, etc. Os contidos, xunto coas regras de
negocio que guían a súa planificación, denomínanse campaña. O sistema consta dos
seguintes compoñentes:

* Editor de Campañas: Ferramenta de edición que permite a definición de grupos
de contidos relacionados e o conxunto de regras que dirixen a selección
automática (regras de repulsión, de atracción, franxa horaria preferente,
etc.).

* Planificador: Planificador intelixente de recursos, que en base ás campañas
definidas e a espazos reservados nunha grella de programación, tome a
decisión de que medio é adecuado para a súa inserción nun instante
determinado.

* Ferramenta de análise de impactos: Ferramenta de visualización do rexistro de
decisións para a súa posterior análise ou tarificación.

* Simulador: Ferramenta que permita a simulación das solicitudes realizadas
para a análise do impacto das campañas, para validar o funcionamento dunha
campaña concreta antes da súa posta en explotación.